Onte celebrouse unha sesión no Parlamento de Galicia onde, entre outros asuntos, a parlamentaria Ana Pontón defendeu unha moción que instaba ao goberno galego e cumprir a Lei de Normalización Lingüística nos centros de ensino. Custoume atopar información sobre o acontecido agás escasasplataformasinformativas, polo que o tratamento recibido é indicio revelador do grao de interese que existe polo noso idioma e polo seu futuro. Porque de futuro se fala cando tan só se demanda o cumprimento dos contidos dunha lei consensuada no seu día e que agora se ignora, conculca ou manipula.
O falar non ten cancelas, pero non é este o caso pois sei que, nunha semana coma esta no que comeza o ensino primario e o secundario, a experiencia é compartida con centos de ensinantes deste país que recibimos esperanzados, cada curso escolar, novas fornadas de estudantado no ensino medio que, cada vez máis, chegan cargados de prexuízos…