Ruth Varela, Flor de Santiago COAG-Flor de Santiago, 256 páxinas, 35 €, Compostela, 2017. Non resulta, en absoluto, común atopar unha publicación como esta que nos ocupa: Flor de Santiago é, indubidablemente, un deses grandes libros que pasan por diante de cando en vez e que entendo como unha verdadeira alfaia para pór o […]
‘Flor de Santiago’, de Ruth Varela. — Caderno da Crítica. Ramón Nicolás
02 jan 2018 Deixe um comentário
em Antropologia, Filosofia da Arte Tags:Caderno da Crítica, cadernodacritica.wordpress.com, Flor de Santiago, Literatura, Ramón Nicolás, Ruth Varela, Santiago de Compostela
Ética. ‘”A auga e a literatura de nós” no Día Mundial da Auga’. Caderno da Crítica. Ramón Nicolás
22 mar 2015 Deixe um comentário
em Ética Tags:Auga, Caderno da Crítica, Dia Mundial da Água, Galego, Galiza, Ramón Nicolás
Hai algún tempo solicitáranme un texto que reflexionase sobre a auga e mais sobre a nosa literatura. A proposta resultoume interesante aínda que estaba moi limitada polo espazo que, nun principio, se me concedera. O texto non atopou acubillo na publicación para o que ía destinado e hai un ano o meu amigo Antonio G. Teijeiro incorporouno nunha entrada do seu suxestivo Versos e aloumiños. Souben que hoxe se celebra o Día Mundial da Auga e pareceume acaído deixalo aquí, minimamente retocado, baixo o título orixinal: “A auga e a literatura de nós”.
Cando a literatura de nós amencía, Pero Meogo ideou que unha doncela xustificase a súa demora, diante da súa nai, en base a que ficara celebrando o amor na “fontana fría” pois “os cervos do monte a augua volvían”. Daquel texto aos poemarios Acuática, de Marta Dacosta, ou Chove nos versos, de Antonio G. Teijeiro, por…
Ver o post original 234 mais palavras
Filosofia da Arte. ‘Dous libros (galegos) para o Día Internacional da Muller Traballadora’. Caderno da Crítica. Ramón Nicolás
08 mar 2015 Deixe um comentário
em Ética Tags:Caderno da Crítica, cadernodacritica.wordpress.com, Galiza, Mulher, Ramón Nicolás, Trabalhadora, Trabalho
Entre outros moitos libros que axudan a entender as razóns dunha xornada reivindicativa como a de hoxe escollo dous títulos que, particularmente e no ámbito do ensaio, modificaron moitas percepcións en min e contribuíron, con argumentos sólidos e de peso, a obter un coñecemento científico, desde o humanismo, tanto da historia das mulleres en Galicia como do pensamento feminista, ou mellor sería dicir dos feminismos.
O primeiro é un libro recente, que recomendo vivamente a súa lectura se non se fixo xa, e que é Feminismosde Olga Castro e María Reimóndez, sobre o que me pronunciei no seu día e que resulta de consulta obrigada. O outro título, non menos recomendable e que abre, asemade, outras portas ao coñecemento, editouse no ano 1999 e foi coordinado por María Xosé Rodríguez Galdo baixo o título de Textos para a historia das mulleres en Galicia; neste caso pódese acceder a el premendo na
Ver o post original 23 mais palavras
Filosofia da Arte e Antropologia. ¨Atravesar o fantasma, de Carlos Callón.¨ Caderno da Crítica. Ramón Nicolás
02 fev 2015 Deixe um comentário
em Antropologia, Filosofia da Arte Tags:Caderno da Crítica, cadernodacritica.wordpress.com, Carlos Callón, Fantasma, Ramón Nicolás
Filosofia da Arte e Antropologia
Carlos Callón. Galiza
Muito obrigada por apresentá-lo com a sua última obra em seu blogue, Ramón Nicolás! Carlos Callón é um escritor ‘fora de série’. O último livro que possuo dele é ‘En Castellano No Hay Problema’, com o qual aprendi muito, como sempre.A Galiza está dentro do meu coração, não canso de dizer, mas com todos os escritores e escritoras que você apresenta diariamente, ela se agigantará. Bom-dia pra você e sinceras saudações a Carlos Callón. Quanta alegria!
Atravesar o fantasma
Xerais, 64 páxinas, 12,50 €
Unha sorte de crestomatía, persoal e lírica, que percorre tematicamente a metade dunha vida é o que ofrece Carlos Callónneste libro. Nel pendúrase o íntimo ao sol, ábrense as portas a un discurso confesional que posibilita transitar polo experimentado, apelando ás revoltas da memoria como eixe que reconstrúe ese ronsel que deixaron momentos e descubertas. Non se esquece afondar na dimensión dos afectos nin esculcar na permanencia das cicatrices. Xaora, fican desveladas tamén conviccións que o paso do tempo e a vida axudan a crear.
Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 29 de xaneiro de 2015.
¨Do escrache ao rescate da lingua¨. Caderno da Crítica. Ramón Nicolás
09 dez 2014 Deixe um comentário
em Antropologia Tags:Caderno da Crítica, Cultura, Galego, Idioma, Língua, Luta, Ramón Nicolás, Tradição
Onte celebrouse unha sesión no Parlamento de Galicia onde, entre outros asuntos, a parlamentaria Ana Pontón defendeu unha moción que instaba ao goberno galego e cumprir a Lei de Normalización Lingüística nos centros de ensino. Custoume atopar información sobre o acontecido agás escasasplataformasinformativas, polo que o tratamento recibido é indicio revelador do grao de interese que existe polo noso idioma e polo seu futuro. Porque de futuro se fala cando tan só se demanda o cumprimento dos contidos dunha lei consensuada no seu día e que agora se ignora, conculca ou manipula.
O falar non ten cancelas, pero non é este o caso pois sei que, nunha semana coma esta no que comeza o ensino primario e o secundario, a experiencia é compartida con centos de ensinantes deste país que recibimos esperanzados, cada curso escolar, novas fornadas de estudantado no ensino medio que, cada vez máis, chegan cargados de prexuízos…
Ver o post original 188 mais palavras
¨Círculo de miradas¨. Caderno da Crítica. Ramón Nicolás
08 dez 2014 Deixe um comentário
em Filosofia da Arte Tags:Arte, Arthur Miller, Caderno da Crítica, Fotografia, Marilyn Monroe, Mirada, Ramón Nicolás, Simone Signoret, Yves Montand
Hai fotografías que exercen certo magnetismo. Pasoume iso con esta na que paira o silencio e falan as miradas: a que Yves Montand parece dirixirlle a Marilyn Monroe, mentres que esta ve a Arthur Miller; Miller repara en Simone Signoret, quen finalmente ve a Yves Montand, pechando ese círculo de miradas.
¨Taboleiro do libro galego XXVIII (novembro 2014)¨. Caderno da Crítica. Ramón Nicolás
07 dez 2014 Deixe um comentário
em Filosofia da Arte Tags:Caderno da Crítica, Carlos Callón, Francisco Castro, Galícia, Galiza, Literato, Literatura, Livro, Maria do Cebreiro, Poesia, Ramón Nicolás, Tabuleiro
Velaquí os libros galegos que gozaron dunha maior aceptación ao longo do pasado mes de novembro. A miña gratitude á ducia de librarías colaboradoras nesta ocasión: Trama, Paz, Casa do Libro de Vigo, Suévia, Miranda, Biblos, Andel, Cartabón, Libros para soñar, Pedreira, Aira das Letras e Lila de Lilith (en recoñecemento desta xa longa andaina compartida a imaxe destacada de inicio irá recollendo a fachada das librarías implicadas neste proxecto: hoxe Cartabón de Vigo).
NARRATIVA
1º-. Xurxo Souto, Contos do mar de Irlanda (Xerais) e María Reimóndez, Dende o conflito (Xerais).
2º-. Xavier Quiroga, Zapatillas rotas, Xerais.
3º-. Núñez Singala, Instrucións para tomar café, Galaxia.
4º-. Carlos G. Reigosa, A vinganza do defunto, Xerais.
5º-. Suso de Toro, Somnámbulos, Xerais.
6º-. Xosé Duncan (ilustracións José María Picón), Hostal Norte, Alcaián.
POESÍA
1º-. María do Cebreiro, Os inocentes, Galaxia.
2º-. Eli Ríos, Anamnese, Sotelo Blanco.
3º-. Xosé Iglesias,
Ver o post original 225 mais palavras