AMEIXAS Á MARIÑEIRA
Cozo as fabas con algo de cebola e un xorro de aceite de oliva virxe e unha folla de loureiro. Preparo noutras culleradas do mesmo aceite verduras moi picadas (allo, cebola, cenoura, pemento, tomate e perixel) ata que quedan moi cociñadas. Cando as fabas están feitas, engado as ameixas ás verduras, deíxoas abrir, debórcoas sobre a legume xa apagada e regulo o sal. Déixoas repousar cinco minutos para que se mesturen os sabores e xa están para levar á mesa.
Pero aínda hai outro truco que cómpre non esquecer. As fabas poden cocerse na auga que sentiu ferver no seu ventre unha pescada. E o resultado final pode arriquecerse coa salsa sobrante dalgún guiso de peixe branco ou dunhas ameixas á mariñeira.
Cantinho das Perguntas, desenvolvendo a CURIOSIDADE.
¨Por Uma Pedagogia da Pergunta“. Paulo Freire
1- Esta comida é saudável? (NKR)
2- Tem cenoura? (JLBR)
3- Comem-se as cascas também? (MCP)
4- Não vai precisar de faca? (CCC)
5- Vai ter sobremesa? (TRL)
6- Estas conchinhas têm que ser mastigadas? (VSS)
7- Em que ocasião se come este prato? É para dia de festa? (ISG)
8- Não acompanha arroz? (LAS)



out 02, 2012 @ 16:03:03
Estamos contentíssimos de conversar com frequência com a artista, Helena.
Sua disposição em responder-nos tão prontamente nos deixa a todos mui envaidecidos e, certamente, com novos admiradores em terras tão longínquas.
A senhora tem sido muito estimada pelas crianças.
Muito obrigada, Profa. Helena.
out 02, 2012 @ 14:43:29
Que pracer ver aquí a miña receita!. Agradezo moito á Profa. Maria Lúcia tela proposto e respondo eu as preguntas.
É un prato do que aquí chamamos terra-mar. Procede da comida asturiana, onde se producen fabas de moito mérito. Na Galiza estímase porque temos moi boas ameixas. É saudable porque mestura a legume co marisco. Ten cenoura e outras verduras. As cascas non se comen, pero sempre se cociña o marisco completo. Para este prato non hai que cortar nada e na casa, con comida contundente como as fabas, non comemos pan. Adoita ser prato único, pero si hai sobremesa e o ideal para completalo sería un lácteo: queixo, iogurte…
É comida cara polo prezo do marisco, polo que si pode poñerse en día de festa, aínda que acompañado dun segundo de carne. En Galicia non se acostuma a poñer arroz como acompañamento, senón pataca. Mais este prato considérase completo así.
Unha aperta a repartir.