Homenagem a Lois Lopes com o XAU CANIS LUPUS, o animal-símbolo da GALIZA.

LIEBSTERBLOGAWARD MLD

O XAU

ANIMAL NACIONAL DA GALIZA

Espazo para partidos políticos e asociaciónsGalizaXeral

‘As noites de Lúa, o XAU ainda oubea nos nosos montes e nas nosas soidades. De Tod@s depende a conservación deste símbolo da nosa Patria, xa que o seu Futuro corre parello ó do noso común e irremprazabel Patrimonio Natural da Galicia. O XAU resiste apenas na nosa terra galega. Máis da metade do total dos 1.000 exemplares da Penínula Ibérica cazan xusto dentro das fronteiras da Lingua, coincidindo cá Galicia natural e histórica.Polo seu carácter e a sua distribución o LOBO é o noso animal salvaxe máis emblemático. O seu declive corre parello ó troco da nosa cuberta vexetal, ó aumento desaforado do xabaril e a explotación irracional dos recursos.Os coches, os lazos, o veleno e a escopeta, xunta cá alteración xeralizada do medio manteñen sombras no futuro deste fermoso errabundo dos nosos montes.Dende este grupo en Facebook tentaremos de dar pulo a unha corrente que valore e protexa o noso amado XAU coma xeito de concienciación conservacionista e coma o símbolo dunha Natureza ainda puxante na Galiza.’
Xau Canis Lupus Animal Nacional da Galiza

Xau Canis Lupus
Animal Nacional da Galiza

Comentários desativados.