Ética Animal. ‘O RECORDO DO CAPRI’ – Helena Villar Janeiro

Tirar do fío

Chamábase Capri, nome herdado dun cadelo que tivera un neno amigo e lle comera o lobo polas beiras da vila en invernía dura. Era nome bonito e púxenllo a el. Capri lle quedou, aínda que só eu llo chamase. Para o resto, donos e veciñanza, non era máis que o can.

Estaba en Quintá de Cancelada e vivimos seis anos na mesma casa. El coidaba o gando e daba a xente, como chaman no rural a que o can avise da presenza de estraños nos arredores. Eu daba clase nunha escoliña á que acudía en zocas de zapatilla para superar as lamas que se acumulaban de inverno nos camiños ancarese antes de que os borrasen con asfalto. El era can de palleiro aínda moi novo e con bonita pelexa leonada. Eu acaba de estrear a xuventude, pois esta historia aconteceu na década dos sesenta, que coincide coa dos meus vinte…

Ver o post original 820 mais palavras

Comentários desativados.