Entre outros moitos libros que axudan a entender as razóns dunha xornada reivindicativa como a de hoxe escollo dous títulos que, particularmente e no ámbito do ensaio, modificaron moitas percepcións en min e contribuíron, con argumentos sólidos e de peso, a obter un coñecemento científico, desde o humanismo, tanto da historia das mulleres en Galicia como do pensamento feminista, ou mellor sería dicir dos feminismos.
O primeiro é un libro recente, que recomendo vivamente a súa lectura se non se fixo xa, e que é Feminismosde Olga Castro e María Reimóndez, sobre o que me pronunciei no seu día e que resulta de consulta obrigada. O outro título, non menos recomendable e que abre, asemade, outras portas ao
coñecemento, editouse no ano 1999 e foi coordinado por María Xosé Rodríguez Galdo baixo o título de Textos para a historia das mulleres en Galicia; neste caso pódese acceder a el premendo na
Ver o post original 23 mais palavras


Você precisa fazer login para comentar.