Completo, distinto e delicado poema, intitulado ‘O Souto e a Esperanza’, inspirado no bosque chamado ‘Cangrexeiro’, da escritora HELENA VILLAR JANEIRO. Em galego, no original.
O SOUTO E A ESPERANZA
HELENA VILLAR JANEIRO
O souto agarda baixo sol ou chuvia,
espíndose tras dúas estacións,
deixa caer as follas riba do esterco fúnxico
que florece na terra
e as danzas polonesas de Chopin
que o silencio executa no teclado
disposto polo aire
fan desa follagada
o baile de salón.
O souto é o salón que cobre a nube
protexéndoo da chuvia
se o vento é favorable
ou o sitio onde chove en dúas farvenzas…
e os espellos da auga que se estanca
na cunca remolida das súas follas
róuballe a luz ao día para o pintor que soña
escalas de amarelo,
para o poeta que acha
metáforas de vida en cada outono.
Íspese a psique do seu ruido íntimo
e sacódense os pés do póo do asfalto
coas follas voandeiras
que saen desde o souto a recibirnos
e a marcar o carreiro
dese encontro profundo no que o tempo
se amosa iridiscente nos seus cambios.
E as idades están todas no souto.
A infancia
xogando á escondedela cos ananos.
A adolescencia
movéndose en glisando como a cobra.
A xuventude
aprofundando amores recén nados.
A madurez
movendo nos recordos desgranados.
A ancianidade
intentado guiar as emocións.
Pero non está a morte.
Porque o souto
é sempre a alegoría do regreso
do canto dos paxaros.
O Cangrexeiro, 06-12-12
Desde hoxe estou en Blogaliza. Aquí podedes seguirme a partir de agora: http://helenavillarjaneiro.blogaliza.org/




Você precisa fazer login para comentar.